3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Acto de entrega da medalla de ouro a Mons. Luís Quinteiro

Acto de entrega da medalla de ouro a Mons. Luís Quinteiro

O sábado, 10 de decembro, ás 13 horas, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a entrega da medalla de ouro da cidade de Tui a Mons. Luís Quinteiro, bispo de Tui-Vigo, tal e como acordou o pleno da corporación municipal tudense, o pasado 28 de xullo. Mediante esta distinción honorífica, o concello de Tui recoñece o labor encomiable do prelado durante todo o seu episcopado na diocese de Tui-Vigo, especialmente, na promoción e visibilización do patrimonio da cidade do Miño. 

Desde o concello, destacan a dedicación do bispo cara á catedral «para potenciar o seu papel como principal igrexa da diocese, promovendo o culto e actividades no seu recinto», na que se acometeron importantes obras de restauración e conservación en colaboración con diversas administracións e institucións; púxose en marcha a organización da visita turística; comezouse a dixitalización de fondos do arquivo catedralicio; e desenvolveuse o Plan Director da Catedral de Tui dirixido polo arquitecto Iago Seara. Ademais, cabe destacar a xestión de Mons. Luís Quinteiro en relación ao investimento que a catedral tudense recibirá a través do Plan Catedrais da Xunta de Galicia, para acoller as nuevo instalacións do Museo Catedralicio Diocesano, financiadas grazas ao programa do 1,5% cultural do Goberno de España.

Neste sentido, para o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro González, «a concesión desta distinción resulta un acto de xustiza polo excepcional labor desenvolvido por D. Luís Quinteiro ao longo do seu episcopado que, xunto aos numerosos logros alcanzados na conservación e potenciación da Catedral tudense, mantivo sempre unha aberta colaboración con numerosas iniciativas públicas e de todo tipo relacionadas coa nosa cidade testemuñando a súa alta condición».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp