3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Vigairía de Pastoral desenvolve un cartel cos protocolos para os cemiterios

A Vigairía de Pastoral desenvolve un cartel cos protocolos para os cemiterios

A Vigairía de Pastoral pon ao dispor de todas as parroquias da Diocese un cartel cos protocolos e medidas de seguridade estipuladas pola Xunta de Galicia o pasado venres, 23 de outubro, con motivo da festividade de Santos e Defuntos

Esta nova normativa establece a obrigatoriedade de informar os usuarios dos cemiterios acerca das medidas de seguridade e hixiene establecidas no devandito documento. Con este motivo, recoméndase encarecidamente a impresión do cartel e a súa colocación nun lugar visible á entrada do recinto.

Este cartel, que resumen as pautas marcadas pola Xunta, pode descargarse en formato PDF ou  JPG e ofrece a posibilidade de establecer o aforo máximo de persoas dentro do recinto. Ademais, está dispoñible tanto en español como en galego.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp