3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A vigairía de Pastoral convida a celebrar o Corpus con creatividade

A vigairía de Pastoral convida a celebrar o Corpus con creatividade

O pasado sábado, a vigairía de Pastoral publicou unha nova nota informativa na que lembra que, debido ás restricións estipuladas polas autoridades sanitarias, durante a festa do Corpus Christi non se poderán celebrar procesións públicas. Por iso, convida a pensar con creatividade novas formas de acompañar e alentar aos fieis para vivir esta festa marcada no calendario litúrxico.

Para celebrar a solemnidade do Corpo e o Sangue do Señor que a Igrexa conmemora este xoves, 3 de xuño, a nota informativa recomenda: preparar con esmero a celebración da misa, adorar ao Santísimo durante un tempo prolongado, preparar algunhas oracións cos  catecúmenos a Xesús  Sacramentado, ou achegarse coa Eucaristía á porta de templo para bendicir a parroquia. Sexa cal for a forma escollida, desde a vigairía de Pastoral manifestan que “as posibilidades son tantas como se nos ocorran, respectando sempre as medidas de seguridade que están en vigor”.        

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp