3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Santa Sede presenta o Ano da Oración

A Santa Sede presenta o Ano da Oración

O 23 de xaneiro, ás 11.30 horas, na Oficina de Prensa da Santa Sede, tivo lugar a Conferencia de Prensa de presentación do Ano da Oración, en preparación para o Xubileu 2025, e da serie «Apuntamentos sobre a Oración». Interviñeron S.E. Mons. Rino Fisichella, Prol-Prefecto do Dicasterio para a Evanxelización, e Mons. Graham Bell, Subsecretario Encargado da Secretaría do Dicasterio.

 O ano que acaba de comezar, 2024, será o Ano da Oración, inaugurado oficialmente o pasado domingo polo papa Francisco no Ángelus. Trátase de «un Ano especial de preparación ao Xubileu, durante o que deberá emerxer maiormente o horizonte espiritual do evento xubilar, que vai moito máis alá de calquera forma necesaria e urxente de organización estrutural. Como o papa subliñou no  Te Deum ao final do ano: «O cristián, como María, é un peregrino de esperanza. E este será precisamente o tema do Xubileu de 2025: “Peregrinos de esperanza”», dixo Mons. Fisichella.

 «Non se trata dun Ano con iniciativas particulares; máis ben, dun momento privilexiado para redescubrir o valor da oración, a necesidade da oración diaria na vida cristiá; como orar, e sobre todo como educar a orar hoxe, na época da cultura dixital, para que a oración sexa eficaz e fecunda», precisou o prol-prefecto. Para responder a esta necesidade, o Dicasterio preparou algúns instrumentos que poden acompañar a meditación e a lectura para comprender mellor o valor da oración.

 En primeiro lugar, as 38 catequeses do papa Francisco, expostas do 6 de maio de 2020 ao 16 de xuño de 2021, que toman en consideración diversos momentos da oración. Ademais, como destacou Mons. Bell, «a Librería Editora Vaticana publica, a partir de hoxe, unha serie de pequenos textos que profundan variadas dimensións do acto cristián de orar, realizados por autores e autoras recoñecidos internacionalmente, baixo a dirección deste Dicasterio. O primeiro libro, Orar hoxe, un desafío para superar, con Prefacio do papa Francisco, foi escrito polo cardeal Angelo Comastri, ex Vicario Xeneral da Cidade do Vaticano e Arcipreste da Basílica de San Pedro. O texto, dispoñible en librería desde hoxe 23 de xaneiro, ofrece recordatorios sobre a necesidade da oración e ensinos para ter “unha mirada diversa e un corazón diverso”, destacando figuras que deron testemuño sobre a fecundidade da oración, como Santa Teresa de Lisieux, San Francisco de Asís e a Nai Teresa de Calcuta».

XUBILeU 2025 — peregrinos de esperanza

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp