Coincidindo coa celebración do «Día do Seminario», que a Igrexa en España convocou este ano baixo o lema «Levántate e ponte en camiño», o domingo 19 de marzo, a Televisión de Galicia (TVG) retransmitiu a Santa Misa desde a capela do Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, presidida polo reitor do centro, Anxo Carniceiro. O «Día do Seminario» é unha oportunidade para pedir, dar grazas e mostrar proximidade cos seminaristas, os seus formadores e as vocacións sacerdotais.
A Santa Misa da TVG retransmítese cada domingo habitualmente desde o templo parroquial de San Frutuoso en Santiago de Compostela, a cargo do sacerdote delegado de Medios de Comunicación Social da Arquidiocese compostelá, Manuel Blanco.
![](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2023/03/canales-tvg-1024x576.jpg)