3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Pastoral Familiar oferta cursos prematrimoniais, presenciais e on-lines, para 2021

Pastoral Familiar oferta cursos prematrimoniais, presenciais e on-lines, para 2021

Todas aquelas parellas que estean a pensar en casar e teñan data de voda xa poden inscribirse aos cursos  prematrimoniais, en modalidade presencial ou on-line, que a delegación de Pastoral Familiar organiza para a preparación deste  sacramento. Os cursos presenciais comezarán no mes de febreiro, repartíndose ao longo do ano ata novembro —exceptuando os meses de verán, xullo e agosto—.

Cada arciprestado da Diocese pon a disposición unha ou varias quendas de cursos impartidos de maneira presencial polos sacerdotes en colaboración cos equipos de pastoral familiar de cada zona —alí onde os haxa—. Para inscribirse, as parellas deben contactar cos responsables do arciprestado a través do número de teléfono que aparece no calendario dos cursos 2021 e que se pode consultar a través da seguinte ligazón.

A maiores dos cursos presenciais ofrecidos en cada arciprestado, as parellas poderán acceder a tres cursos —de dous días de duración cada un, en diferentes horarios— no Seminario Maior de Vigo durante os meses de abril, maio e xuño, que serán impartidos por un matrimonio do equipo da Delegación. 

Desde Pastoral Familiar de Tui-Vigo, remarcaron a importancia de inscribirse previamente —especialmente dadas as circunstancias actuais da pandemia— para coñecer o número de parellas interesadas e as posibilidades de desenvolvelos tendo presente os aforos dos salóns parroquiais nos que se impartiría. Neste sentido, advirten que a realización ou a suspensión dos cursos estará suxeita ás restricións socio-sanitarias do momento.

Ante esta situación, tamén fixeron unha aposta polos cursos  prematrimoniais na súa modalidade en liña que permiten un seguimento personalizado de cada parella a través de medios telemáticos. A partir de xaneiro, este acompañamento personalizado completarase cun encontro virtual dos participantes co obxectivo de compartir experiencias e comentar dúbidas. Para inscribirse nesta modalidade, os interesados deben escribir un correo electrónico a pastoralfamiliartuivigo@gmail.com ou rcameselle@hotmail.com.   No último ano, a modalidade on-line contou coa participación de máis de 70 parellas que valoraron moi positivamente a iniciativa. Este éxito promoveu a participación de parellas doutras dioceses galegas que incentivaron a colaboración entre as delegacións de Pastoral Familiar das dioceses de Tui-Vigo e Lugo para ofertar esta modalidade e compartir materiais.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp