3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Pastoral Familiar ensina a «vivir as benaventuranzas no matrimonio»

A Pastoral Familiar ensina a «vivir as benaventuranzas no matrimonio»

O vindeiro sábado, 20 de febreiro, a delegación diocesana de Pastoral Familiar convoca o II encontro «Construíndo familia» de forma telemática.

Miguel da Mata (Ponferrada, 1966), sacerdote franciscano e licenciado en Ciencias da Educación pola pontificia Universidade Salesiana de Roma, impartirá a charla «Vivir as  benaventuranzas no matrimonio» ás 11 da mañá deste sábado 20 de febreiro de maneira telemática.

A iniciativa «Construíndo familia» organizada pola delegación de Pastoral Familiar de Tui-Vigo constitúe unha oportunidade para coidar e acompañar o crecemento das familias a través de encontros que promoven a reflexión ofrecendo recursos e pistas para os axentes de pastoral ou, especialmente aqueles que imparten cursos  prematrimoniais.

Os interesados en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a pastoralfamiliartuivigo@gmail.com, desde aí o equipo da delegación diocesana enviará a ligazón de acceso á plataforma de vídeo chamada.  O relator Miguel da Mata, ademais de licenciado en Ciencias da Educación, é profesor de Teoloxía Pastoral no Instituto Teolóxico Compostelán e de Pedagoxía e Didáctica da Relixión e Psicoloxía Evolutiva no Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. O seu ámbito de investigación divídese en tres liñas temáticas: a Teoloxía Pastoral e Teoloxía Narrativa; Pedagoxía e Didáctica Relixiosa e Vocacional; e Pedagoxía e Espiritualidade Franciscana.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp