3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Pastoral Familiar de Galicia pon o foco no acompañamento

A Pastoral Familiar de Galicia pon o foco no acompañamento
Foto: Cerca de una veintena de matrimonios de la diócesis de Tui-Vigo participaron en este encuentro

As delegacións de Pastoral Familiar da Provincia Eclesiástica de Galicia organizaron un encontro de delegados e axentes de pastoral en Santiago de Compostela, do 30 de setembro ao 2 de outubro, co obxectivo de traballar coordinadamente e colaborar entre o cinco dioceses galegas. O matrimonio formado por Jose Antonio e Simely, que asistiu ao encontro, compártenos o seu testemuño da xornada.

Foi un acontecemento denso e esperanzador en actividades e contidos. Comezou o venres pola tarde-noite co recibimento dos delegados e a cea. O sábado compartimos a Eucaristía e logo a acollida dos participantes e a presentación do relator P.  Miguel da Mata Merayo, OFM.

Foron tres días de oración e reflexión centrados nos desafíos que enfrontamos ante as novas realidades da Pastoral Familiar desde a perspectiva do acompañamento. O relator expuxo de forma extensa e clara a problemática que expoñen as novas correntes sobre o significado de «familia» e como acompañar no camiño da fe aos que solicitan casar pola Igrexa e aos que despois de recibir o sacramento aceptan seguir alimentando a súa vida, compartindo en grupo os valores cristiáns.

Segundo o relator existe actualmente un importante fraccionamento entre o que se entende hoxe por matrimonio e familia, polo que necesitamos tomar decisións prioritarias. Insistiuse en que hai que reforzar a pastoral matrimonial e familiar como un proceso gradual que non termina co acto do casamento. Neste sentido, convén insistir en que o matrimonio é unha graza para construír a Iglesia doméstica e é o ambiente ideal para evanxelizar o Amor, polo que se necesita unha catequese familiar integral para fillos e pais, a pesar de que xa existen iniciativas e proxectos para atender a parellas conviventes e estas necesidades.

Miguel da Mata falou cumpridamente sobre a importancia do acompañamento na pastoral familiar; un acompañamento que debe ser gradual e estar motivado por valores que vallan a pena para facilitar o encontro persoal e familiar con Cristo. O acompañamento presupón o coñecemento dun mesmo e o coñecemento de quen é Deus e como é Deus. A fe cristiá baséase nun Deus que é, en primeiro lugar, Pai e non un Deus que ameaza permanentemente.

Suxeríronse propostas para seguir formándonos sobre o acompañamento: diagnóstico do proxecto persoal e de parella, pedagoxía do acompañamento, acompañamento de matrimonios novo… Coñecemos experiencias de acompañamento que se están levando a cabo noutras dioceses e que poden servirnos para iluminar este camiño. Tamén houbo momentos de oración, celebración e de encontro para coñecer outra cara da fermosa catedral de Santiago.

Finalmente, o encontro terminou cunha avaliación dos temas tratados e unha serie de propostas con miras a mellorar a pastoral familiar das nosas dioceses.

Agradecemos a todos os que traballaron con dedicación e esforzo para o éxito do encontro.

Jose Antonio e Simely
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp