3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A mocidade prepárase para a Semana Santa coas cancións de Hakuna

A mocidade prepárase para a Semana Santa coas cancións de Hakuna

No marco da Oración Xoven, o mércores 25 de marzo, ás 21 horas, no templo parroquial do Corazón Inmaculado de María, en Vigo, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo organiza un Via Crucis coas cancións do disco Pasión de Hakuna Group Music e coa lectura da Palabra de Deus, para axudar a mocidade a introducirse nos acontecementos que a Igrexa celebra e rememora durante a Semana Santa.

Gravado en Iglú Producións e Infinity Estudos, Pasión é o terceiro álbum de Hakuna Group Music, un xiro de 180° graos en relación ao realizado anteriormente. O traballo inclúe 16 temas orixinais que nos levan a percorrer as estacións do Via Crucis, coa riqueza de achegar en cada canción unha profunda reflexión de cada compositor sobre un determinado episodio da Paixón de Xesús

Hakuna Group Music, tal e como eles defínense, é un grupo de música do século XXI, composto por mozos e mozas que, a través da súa paixón pola música, queren contar ao mundo unha verdade que viven e levan dentro. No ano 2015, lanzaron o seu primeiro disco e, desde entón, conseguiron sumar seis álbums na súa discografía. Algunhas das súas cancións superan os 3 millóns de reproducións en plataformas de música dixital como Spotify ou Youtube.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp