3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A mocidade de Tui-Vigo prepárase para a PEJ

A mocidade de Tui-Vigo prepárase para a PEJ
Foto: Un grupo de jóvenes voluntarios de Tui-Vigo que asistió al anterior encuentro de formación en Santiago

Medio centenar de mozos e mozas participarán este sábado no último encontro formativo para os voluntarios da Peregrinación Europea da Mocidade, que terá lugar en Santiago de Compostela do 3 ao 7 de agosto deste ano con motivo do Ano Santo Xacobeo. Nesta ocasión, o encontro terá lugar no Seminario Menor de Belvís —en Compostela—, de 11 a 19 horas, e contará coa participación de todos os mozos voluntarios da Provincia Eclesiástica de Galicia. Para o traslado, a delegación diocesana de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo pon ao dispor dos interesados un autobús —que sairá ás 09:30 horas de Praza España— para o traslado de Vigo a Santiago, por un custo económico de 5€/persoa. Os mozos que queiran participar aínda poden inscribirse a través desta ligazón.

Desde o inicio do curso pastoral, a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo tratou de motivar a todos os mozos da diocese para participar nesta experiencia, a través de pequenos encontros nos colexios católicos da cidade —como o colexio San Xosé de Cluny, Miralba-Xesuitinas ou o colexio Mariano entre outros moitos—. O resultado desta difusión deu lugar a máis de noventa novos que se inscribiron e asistiron a outros encontros formativos en Santiago e na cidade de Vigo.

O 4 de xullo, finalizará o prazo de inscrición, pero para os mozos que aínda estean indecisos ou que participasen nalgún encontro previo de voluntariado para a PEJ poden formalizar a súa inscrición. Para iso, ademais de encher o seguinte formulario en liña, deberán efectuar o pago.

A orixe da Peregrinación Europea da Mocidade remóntase ao ano 1989, cando se celebra a segunda Xornada Mundial da Mocidade a extra muros de Roma, na capital do Apóstolo Santiago, concretamente no Monte do Gozo —a anterior, de escasa participación internacional, tivera lugar en Buenos Aires no ano 87—, e contou coa presenza de papa San Xoán Paulo II. Durante esta Xornada xa se comeza a crear o esquema habitual das JMJs tal e como as coñecemos agora, con catequeses polas mañás e encontros multitudinarios co Santo Pai. Desde entón, xa se celebraron catro PEJs —en 1993, 1999, 2004 e 2010—, á que se suma esta quinta no ano 2022, aínda que orixinalmente estaba programada para agosto de 2021.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp