3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A mensaxe do Bispo con ocasión do cincuentenario de Cáritas

A mensaxe do Bispo con ocasión do cincuentenario de Cáritas

O Bispo da diocese de Tui-Vigo dirixiu unha carta á opinión pública con motivo das celebracións do cincuentenario da erección de Cáritas diocesana, “esta institución tan querida e apreciada na nosa Igrexa e na nosa sociedade. O lema escollido, “50 años camiñando cos pobres”, resume en poucas palabras a acción desenvolvida por tódalas persoas que, dun ou doutro xeito, teñen feito posible mitigar o sufrimento e a desesperación de moitas persoas ao longo de todos estes anos”.

“É polo tanto un tempo de graza, de grazas”, prosigue Mons. Quinteiro Fiuza.  “É polo tanto un tempo de graza, de grazas. De grazas a Deus, de grazas a tódalas persoas e institucións que teñen “sido” Cáritas neste tempo. Mais tamén é tempo de ollar cara ao futuro, porque a vida continúa, sen esquecérmonos do pasado”.

A continuación, don Luis entretense na súa Carta en detallar de xeito sinxelo e claro as aportacións dos últimos papas á Doutrina Social da Igrexa para facer fronte ás necesidades sociais que reclamou cada momento histórico. E conclúe:

Todo este devir do desenvolvemento, que temos visto evolucionar a través das sucesivas pautas marcadas polos Papas, alimenta a acción caritativa e social da Igrexa e nutre a acción de Cáritas. A caridade, en pleno século XXI, chámanos a superar a beneficencia, o asistencialismo. Se a persoa é o centro e a entendemos na súa dimensión integral, a caridade e o desenvolvemento non se limitan a ofrecer aos pobres respostas de primeira asistencia: comida, roupa, medicamentos ou outras necesidades materiais: o seu obxectivo primordial é dignificala, procurarlle autonomía e promover a súa realización plena e integración na sociedade. A acción de Cáritas debe contribuír tamén ao desenvolvemento social, relacional, político, cultural e tamén ético e espiritual, como lembra o Papa Francisco, das persoas coas que traballa. Este é o camiño a seguir no presente e nos anos vindeiros. Por iso, neste cincuenta aniversario de Cáritas Diocesana, convídovos a “ser parte” de Cáritas como ata agora o tedes feito.

Ás portas do Nadal, no que celebramos o nacemento de Xesús, o Señor nos convida a acollerlle no irmán: «Tiven fame e déstesme de comer; tiven sede e déstesme de beber; era estranxeiro e acollístesme; estaba nu e vestístesme; enfermo e visitástesme; no cárcere e viñéstedes a verme» (Mt 25, 31-46).

Lee a mensaxe completa de D. Luis Quinteiro aquí.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp