3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Franqueira  celebrou a romaría das Pascuillas

A Franqueira  celebrou a romaría das Pascuillas

Coincidindo coa festa da Benaventurada Virxe María, nai da Igrexa, o 20 de maio, a parroquia-santuario da nosa Señora da Franqueira celebrou a romaría das Pascuillas que congregou a medio centenar de parroquias que, nalgúns casos, portaron as súas imaxes da virxe en peregrinación ata o Outeiro. Alí, ás 12 horas, o bispo de Tui-Vigo, Mons.  Luís Quinteiro Fiuza, presidiu a eucaristía solemne e a parroquia de San Xoán  de Piñeiro en O Covelo realizou a ofrenda deste ano.

Como preparación á romaría da Pascuillas, a parroquia-santuario da Franqueira organizou diferentes celebracións: o rezo do rosario e a novena, unha oración pola paz ou un triduo previo predicado  polo sacerdote Ramón Lera, párroco en tres parroquias de Vigo, entre outros.

O vindeiro domingo, 26 de maio, a delegación de Migracións da diocese de Tui-Vigo organiza unha peregrinación con persoas migrantes ao santuario da nosa Señora da Franqueira. Tras unha comida de confraternización, ás 15.45 horas, presentaranse as distintas advocacións marianas de cada país ante a virxe da Franqueira. A continuación, ás 17.00 horas, celebrarase a eucaristía, seguida do rezo do rosario. A peregrinación finalizará cunha visita histórica ao santuario.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp