3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A exposición «Beléns do mundo» regresa á catedral de Tui

A exposición «Beléns do mundo» regresa á catedral de Tui
Foto: Pieza de la «Exposición de belenes» en la catedral de Tui, durante las Navidades 2020-21.

O vindeiro xoves 23 de decembro ás 19:00 horas, o bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, inaugurará á exposición «Beléns do mundo» que organiza a Asociación de Amigos da Catedral de Tui xunto co cabido catedralicio. Ao acto tamén asistirá o alcalde do concello tudense, Enrique Cabaleiro González. 

Como cada ano, a catedral de Tui acollerá máis de 400 beléns procedente dos cinco continentes, que constitúen unha fermosa expresión de arte e devoción popular dos máis de cincuenta países representados nas vitrinas desta Exposición, entre os que destaca: cinco novas pezas procedentes de Sudamérica e de África, de países como Tanzania.

Quen acuda a visitar «Beléns do mundo» tamén poderán gozar do Belén monumental da catedral tudense que chega, como cada ano, axuntando un centenar de figuras e diversas escenas que rememoran os episodios bíblicos relacionados co nacemento de Xesús.

Tanto a exposición «Beléns do mundo» como o Belén monumental da catedral permanecerán ao dispor do público ata ao 9 de xaneiro de 2022, no horario habitual do templo catedralicio: pola mañá desde as 10:45 ata as 14 horas, de luns a sábado, e desde as 9  hrs. ata as 12:45  hrs, durante os domingos; pola tarde poderá accederse desde as 16  hrs. ata as 19  hrs, calquera día da semana.

#Ante a proximidade do Nadal, desde a Asociación convidan a toda a sociedade a visitar esta exposición e lembran as palabras do papa Francisco que sinala que o belén “é realmente un exercicio de fantasía creativa, que utiliza os materiais máis dispares para crear pequenas obras mestras cheas de beleza. Apréndese desde niños:  cando papá e mamá, xunto aos avós, transmiten esta alegre tradición, que contén en si unha rica espiritualidade popular. Espero que esta práctica nunca se debilite; es máis, confío en que, alí onde caese en desuso, sexa descuberta de novo e revitalizada”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp