4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal
4 de Xullo de 2024

,

Santa Isabel de Portugal

A diocese de Tui-Vigo, presente nos Medios de Comunicación

A diocese de Tui-Vigo, presente nos Medios de Comunicación

Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Voz de GaliciaEcclesiaOmnes  Magazine ou Vida Nueva son só algúns dos espazos físicos ou dixitais que se fan eco da actualidade máis destacada da diocese de Tui-Vigo que, desde agora, poden coñecerse a través da sección “recortes de prensa” que recompila o impresionante labor dos profesionais da comunicación en relación coa Igrexa diocesana.

Para acceder a esta sección, só hai que clicar na apartado “actualidade” do menú principal da web diocesana —situado na barra superior—, do que se despregará un  submenú que recolle esta nova sección “recortes de prensa”.

A través desta xanela dixital, a delegación de Medios de Comunicación Social quere visibilizar o traballo desenvolvido polos profesionais de comunicación en relación á Igrexa e, tamén, animar a delegacións, parroquias, asociacións ou movementos católicos a difundir as súas accións e propostas pastorais que poden ter acollida nos diversos espazos comunicativos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp