3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A diocese de Tui-Vigo celebra a «Semana do matrimonio»

A diocese de Tui-Vigo celebra a «Semana do matrimonio»

Do 12 ao 18 de febreiro, a delegación de Pastoral Familiar organiza unha «Semana do matrimonio» co obxectivo de  ofrecer unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, á vez que pon en valor o sentido e a beleza do sacramento no medio da sociedade actual. A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española é a encargada de promover esta proposta a nivel nacional, pero con transcendencia e calado local, adaptándose á realidade de cada dioceses.  

O sábado 10 de febreiro, ás 19 horas, o bispo de Tui-Vigo inaugurará esta «Semana do matrimonio», cunha eucaristía no templo parroquial da nosa Señora do Rocío. Inaugurada a semana, a delegación presenta tres actividades para os matrimonios da diocese: un retiro en parella, que se pode seguir a través da app «Matrimonio»; a realización dun agasallo para celebrar o día de San Valentín —baixo o título «Amor cos cinco sentidos»—; e un roteiro romántico, o venres 16 de febreiro, ás 21 horas, na parroquia de Santa María do Porriño, seguida dunha master class de danza.

«Amor cos cinco sentidos»

Baixo o título «Amor cos cinco sentidos», a delegación de Pastoral Familiar propón un pequeno taller de manualidades co que convida os matrimonios a celebrar a festa de San Valentín, escapando do consumismo e materialismo que rodea esta cita anual. Os materiais para elaborar o agasallo poden descargarse a través da seguinte ligazón.

Roteiro romántico para matrimonios

A delegación de Pastoral Familiar organiza un roteiro romántico para matrimonios ao redor de da parroquia de Santa María do Porriño , co obxectivo de compartir un intre de reflexión en parella, pero tamén un momento lúdico-festivo con matrimonios de toda a diocese de Tui-Vigo. Ao terminar o roteiro, haberá unha master class de danza.

Os participantes deberán inscribirse previamente no correo: pfamiliar@diocesetuivigo.org.

APP «Matrimonio»

Entre os materiais que se desenvolveron para celebrar esta semana do Matrimonio atópase a aplicación «Matrimonio». A través da ligazón appmatrimonio.es pódese acceder e ver todas as opcións.  

Nesta aplicación inclúense diferentes actividades para crecer na vida matrimonial, desde un retiro para matrimonios, unha meditación diaria, diálogos conxugais de cinema, vídeos con testemuños ou a axenda coas iniciativas nas dioceses.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp