3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A diocese de Tui-Vigo acolle o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia

A diocese de Tui-Vigo acolle o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia

A diocese de Tui-Vigo acolle o Encontro de Axentes de Pastoral Familiar de Galicia, organizado polas delegacións diocesanas de Pastoral Familiar da provincia eclesiástica de Galicia, que terá lugar no colexio maristas de Santa María de Tui, os días 18 e 19 de novembro. Nesta ocasión, abordaranse os novos itinerarios catecumenais para a vida matrimonial que foron adaptados pola Conferencia Episcopal Española.

As persoas interesadas en asistir ao encontro poden poñerse en contacto  a través do teléfono de: 646 193 310. A inscrición en modalidade “pensión completa” ten un custo de 71€ por persoa ou 135€ por matrimonio; doutra banda, a modalidade “comida” ten un custo de 16€ por persoa.

Sobre os Itinerarios catecumenais para a vida matrimonial

Dicasterio para os Laico, a Familia e a Vida fixo públicos hoxe, mércores 15 de xuño de 2022, uns Itinerarios catecumenais para a vida matrimonial. Trátase dunhas orientacións pastorais para as igrexas particulares. Este documento faise público unha semana antes de o Encontro Mundial das Familias que terá lugar en Roma do 22 ao 26 de xuño.

papa Francisco, no prefacio do texto, explica que se trata de unha ferramenta pastoral preparada por este Dicasterio «a raíz dunha indicación que expresei en repetidas ocasións, ou sexa, «a necesidade dun “novo catecumenado” en preparación ao matrimonio»» que constata «a grave preocupación de que, cunha preparación demasiado superficial, as parellas corran o risco real de celebrar un matrimonio nulo ou con uns cimentos tan débiles que se “decaia” en pouco tempo e non poida resistir nin sequera as primeiras crises inevitables».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp