3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Delegación de Catequese pon ao dispor de párrocos, catequistas e familias Protocolos e Orientacións específicas para o curso 2020-21

A Delegación de Catequese pon ao dispor de párrocos, catequistas e familias Protocolos e Orientacións específicas para o curso 2020-21

Poñemos á vosa disposición estes Protocolos e Orientacións específicas para guiar a párrocos, catequistas e familias ante este atípico comezo do curso da catequese.

Desde a Delegación de Catequese, e en sintonía co resto das delegacións de Galicia, apostamos pola  presencialidade, pois a parroquia é o ámbito privilexiado para o desenvolvemento e a realización do proceso educativo e  iniciático na fe (Cf. Directorio para a catequese, núm. 299). A iso responde o documento “Orientacións e protocolo para as parroquias. Catequese parroquial”.

Con todo, conscientes da dificultade que nalgúns casos iso supón, elaboráronse unha serie de pautas para orientar a realización dunha catequese familiar en casa, pautas recollidas no documento “Orientacións para a catequese en casa e en familia. Catequese familiar en casa”. Esta modalidade non se expón como excluínte respecto a a presencialidade, senón como complementaria a esta, sabendo que, nalgúns casos, será a única modalidade posible.

Moito ánimo neste novo curso e grazas polo voso servizo!

Á vosa disposición,

Juan de  Olazabal Zarauza.

Delegado de Catequese

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp