3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A ANE de Tui-Vigo organiza unha vixilia para celebrar o Corpus Christi

A ANE de Tui-Vigo organiza unha vixilia para celebrar o Corpus Christi

Este sábado, ás 19:30 horas, a delegación diocesana da Adoración Nocturna Española (ANE) organiza unha vixilia presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, no templo parroquial de Santiago o Maior de Vigo para celebrar a festa do Corpus Christi que a Igrexa conmemora o domingo, 6 de xuño.

A vixilia comezará ás 19 horas co rezo do rosario e, posteriormente, celebrarase a eucaristía e rezarase vésperas para celebrar a festa do Corpo e o Sangue do Señor. O acto deste sábado é un dos tres —xunto coa vixilia de Xoves Santo e de Defuntos— que reúnen aos 20 grupos parroquiais de adoradores existentes na diocese de Tui-Vigo e que, con motivo da pandemia, non puideron realizarse durante o último ano. O presidente diocesano de  ANE, Eduardo Silva Novoa, convida a participar neste acto oficial aos membros da contorna de Vigo. 

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo conta con preto de 500 adoradores e adoradoras que se reúnen unha vez ao mes para adorar a Xesús Eucaristía. Coa chegada da pandemia, especialmente durante as meses de confinamentos e o período de vixencia do toque de queda, estas reunións víronse reducidas e moitos grupos optaron por “levar a adoración ás misas da tarde”, segundo explica Eduardo Silva.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp