3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Adoración Nocturna Feminina de Tui-Vigo celebra as súas vodas de ouro

A Adoración Nocturna Feminina de Tui-Vigo celebra as súas vodas de ouro
Foto: Momento de adoración eucarística en el templo parroquial de Santiago el Mayor de Vigo.

A Adoración Nocturna Feminina Española (ANFE) cumpre 50 anos de presenza na diocese de Tui-Vigo, cunha serie de actos durante o venres 1 e o sábado 2 de setembro, que contarán coa presenza da  vicepresidenta nacional da ANFE, Susana Fernández Guisasola.  As celebracións desta efeméride inauguráronse en marzo cunha vixilia no templo parroquial do Perpetuo Socorro.

O venres 1 de setembro, ás 20 horas, no salón Galicia do Hotel Coia, dará comezo a conferencia «A adoración e ANFE na noite», a cargo do consiliario diocesano da ANFE, Fernando Cerezo, e a vicepresidenta nacional, Susana Fernández.  Ao día seguinte, sábado 2 de setembro, ás 22 horas, celebrarase unha vixilia extraordinaria no templo parroquial de Santo Martín de Coia , durante a que se terá presente a todas as adoradoras falecidas.

Na actualidade, a Adoración Nocturna Feminina de Tui-Vigo, fundada polo sacerdote Isaac Trigo Asorey e presidida nos seus comezos por Josefina Martín Pérez, conta con 10 seccións compostas por 21 quendas de adoración repartidos por toda a xeografía diocesana. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp