Onte, a parroquia de San Miguel de Pereiras celebraba as festas grandes do seu patrón o arcanxo San Miguel. A esta celebración sumábase tamén a toma de posesión do seu novo párroco, don David López.
A Eucaristía foi presidida polo Vigairo de Pastoral, don José Vidal, quen puxo de manifesto que o párroco, como os arcanxos, é o que defende, o que anuncia e o que cura. Don José pediu a colaboración da comunidade, xa que «o párroco nada pode, se non é coa colaboración da parroquia».
Antes da bendición, don David recibiu as chaves do sagrario e manifestou o seu saúdo afectuoso a toda a parroquia. Alí, ofreceu a súa dedicación á comunidade e declarou que tentará ser xusto coas catro parroquias que ten ao seu cargo.
Coa celebración de onte, don David finalizaba a toma de posesión dos seus catro novas parroquias: San Mamede de Petelos, Santa Baia de Mos, San Mamede de Torroso e San Miguel de Pereiras.
![IMG_4751](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4751-768x518.jpg)
![IMG_4757](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4757-768x512.jpg)
![IMG_4761](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4761-768x512.jpg)
![IMG_4763](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4763-768x512.jpg)
![IMG_4765](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4765-768x499.jpg)
![IMG_4759](https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2020/09/IMG_4759-768x512.jpg)