3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Ficha de inscrición para a catequese

Ficha de inscrición para a catequese

Pronto comezaremos un novo curso de catequese que, aínda que está cheo de incertezas ante a situación sanitaria na que nos atopamos, tamén está colmado da alegría que a catequese regrese á parroquia despois do precipitado final do curso pasado.

Desde o Equipo de Catequese de Galicia elaborouse un protocolo que trata de garantir este retorno da catequese. Nel recoméndase, a aquelas parroquias que dispoñan de páxina web ou correo electrónico, a formalización das inscricións a través dos medios dixitais. Con tal motivo, facilitámosvos a seguinte ficha de inscrición que, conservando o formato de cursos pasados, introduce algunha modificación que quere dar resposta a esta nova situación.

Animámosvos a consultar a pagina web de Equipo de Catequese de Galicia (www.catequesisdegalicia.com), onde poderedes atopar noticias e materiais de interese.

A vosa sempre disposición, recibide un cordial saúdo e a nosa oración,

Delegación de Catequese.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp