3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Cincuentenario da Parroquia de San Paio de Lavadores

Cincuentenario da Parroquia de San Paio de Lavadores


Retomando xa as actividades suspendidas por causa da pandemia, a parroquia viguesa de San Paio (ou Pelayo) de Lavadores, celebrará, como o tiña previsto o cincuentenario da súa creación, o domingo día 28 de xuño cunha concelebración eucarística que ás 11,15 da mañá que presidirá o Bispo Mons. Luís Quinteiro Fiuza.

A de San Paio de Navia é unha das 14 parroquias creadas á vez o día 31 de outubro de 1970, polo entón Bispo, D. José Delicado Baeza, quen remodelou así totalmente o mapa pastoral da cidade.

O TEMPLO PARROQUIAL

É obra do arquitecto vigués Desiderio Pernas, púxose a primeira pedra o 8 de abril de 1973 e bendixo o novo templo, o 2 de xuño de 1974, o Bispo José Delicado Baeza. Foi o seu primeiro párroco Manuel Otero Blanco.

Xa no ano 1947 creouse teoricamente a parroquia co título de San Pelayo, aínda que posteriormente completaríase como de “San Pelayo e San Telmo”, sendo o seu primeiro encargado e párroco Benito Castro Nogueira. Finalmente dividiuse o territorio en dúas parroquias: a da Inmaculada Concepción e a de Sampaio, pasando a ser o primeiro párroco desta, en 1970, como xa se indicou Manuel Otero Blanco.

Don Plácido, párroco, e Fernanda Fernández, a pintora das tablas do retablo de San Paio

Sucesivamente atendérona Ángel Dehesa Mouriño 1979-1981; Agustín Sobral Rodríguez, 1981-2002 e desde o 26 de Outubro de 2002 ata a actualidade, Plácido Vázquez Pena.

Durante os anos 2008-2010, o templo parroquial recibiu unha moi notable reforma; por iso actualmente conta cun orixinal retablo, obra e doazón da destacada pintora Fernanda Fernández Suárez. As táboas con pinturas ao óleo ilustran acerca da vida do mártir galego San Pelayo protector e titular da parroquia. Cabe destacar tamén a vidreira, obra de Nigel Hanon, que é unha alegoría da Santísima Trindade: un triángulo equilátero e tres círculos no seu interior.

O párroco actual é Don Plácido Vázquez Peña, que o é tamén de Cabeiro (anexo de Negros) e Consiliario diocesano da Adoración Nocturna Masculina ( ANE). A Parroquia actualmente ten uns 2500 habitantes.

BREVE BIOGRAFÍA DE SAN PAIO  (o PELAYO)

Naceu en Albeos (Crecente) en 912 e morreu en Córdoba o 26 de Xuño de 925. Un tío paterno era bispo de Tui, San Hermoigio, quen lle deu en Tui unha educación esmerada.

O ano 920 na soada batalla contra os mouros en Valdejunquera son feitos prisioneiros os bispos de Salamanca e o de Tui. O pai de Pelayo irá a Córdoba para negociar o rescate do seu irmán, o bispo de Tui Hermoigio. Acompáñalle o seu fillo Pelayo. Xa fose porque non tiña suficiente diñeiro ou outra causa, quedou en liberdade o Bispo e permaneceu en Córdoba como refén Pelayo, durante tres anos. O Califa Abderramán sentiu atraído por Pelayo e quixo convertelo no seu mancebo. Pelayo opúxose e díxolle: “ Crees que son como un deses efeminados mozos que rodean o teu harén?” Este rexeitamento foi a causa do seu martirio. Os seus restos hoxe están en Oviedo, no mosteiro benedictino feminino de San Pelayo, por iso elas son coñecidas como “As Pelayas”.

INSCRIPCIÓN NO TEMPLO DE SAN PAIO

HOC  TEMPLUM  PAROCHIALE  DEDICATUM FUIT ANNO DOMINI  MCMLXXIV AB EXCMO ET  RVDMO  EPISCOPO JOSEPH  DELICADO BAEZA.

TABULAS SANCTI PELAGII PINXIT ET DONAVIT HUIC ECCLESIAE (ANNO MMX) DOMINA FERDINANDA FERNANDEZ  SUAREZ

IN QUINQUAGESIMO ANNIVERSARII SACERDOTII RVDI DOMINI PLACIDI VAZQUEZ  PEÑA,

PRAESIDIS HUJUS ECCLESIAE UT PAROCHI, INITIO EPISCOPATUS EXCMI. ET RVDMI. ALOYSII QUINTEIRO FIUZA

Traducción

Este templo parroquial bendíxoo o Excmo. e Rvdmo. Sr. Bispo José Delicado Baeza, o ano do Señor 1974. Estes cadros da vida de San Pelayo pintounos e doou á igrexa parroquial o ano 2010, dona Fernanda Fernández Suárez nas Vodas de Ouro Sacerdotais de don Plácido Vázquez Pena, sendo párroco desta igrexa. No inicio do episcopado do Excmo e Rvdmo. Sr. Don Luís Quinteiro Fiuza.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp