3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Xornada da Infancia Misioneira: “Con Xesús a Exipto: en marcha!”

Xornada da Infancia Misioneira: “Con Xesús a Exipto: en marcha!”

O vindeiro 26 de xaneiro celebrarase a Xornada da Infancia Misioneira baixo o lema: “Con Xesús a Exipto: en marcha!”. Trátase dunha ocasión especial para promover a axuda recíproca entre os nenos do mundo, mediante actividades misioneiras nas escolas e parroquais coas que se fai posible educar na fe e a solidariedade coa misión, esperando o sentido misioneiro nos nenos que coñecen e atopan a Deus nas súas vidas, e convidando a colaborar cos seus aforros para os nenos das misións: son nenos que axudan a nenos.

O lema deste ano presenta a Xesús Neno refuxiado en Exipto, vivindo en primeira persoa o sufrimento e a persecución que actualmente aflixen a tantos, e que permite que Deus se manifeste como o salvador dos máis débiles. Deste xeito, búscase concienciar da realidade de tantos migrantes, refuxiados e desprazados forzosos dos nosos días, lembrando ao mesmo tempo a tantos misioneiros e misioneiras que se poñen “en marcha” para anunciar a Xesús.

Á celebración desta Xornada súmase a iniciativa da 7ª convocatoria do concurso nacional “Dales voz”, co que un grupo de pequenos misioneiros de 6 a 12 anos poden realizar en vídeo un podcast explicando o lema deste ano.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp