3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Semana de oración pola unidade dos cristiáns

Semana de oración pola unidade dos cristiáns

Alomenos unha vez por ano, convídase aos cristiáns a evocar a oración de Xesús para os seus discípulos: “para que todos sexan un” (Xoán 17, 21). Os corazóns conmóvense e os cristiáns reúnense para orar pola unidade dos católicos, ortodoxos e grupos nacidos da reforma protestante. As congregacións e parroquias de todo o mundo, sobre todo da igrexa católica, organizan celebracións e cultos ecuménicos especiais. Esta semana de oración celebrámola os católicos tradicionalmente do 18 ao 25 de xaneiro, entre as festividades da confesión de San Pedro e a conversión de San Paulo, aínda que no hemisferio sur, no que o mes de xaneiro é un mes de vacacións, as igrexas atopan en moitas ocasións outros momentos para celebrala, por exemplo arredor de Pentecoste, que é tamén unha data simbólica para a unidade.

Na nosa Diocese convídase a participar no acto ecuménico de oración o día 23 de xaneiro ás 20:00h. na Parroquia do Perpetuo Socorro (rúa Lalín, 3 – Vigo).

Pode lerse a mensaxe completa deste ano dos Bispos da Comisión Episcopal de Relacións Interconfesionais da Conferencia Episcopal nesta ligazón.

Por outra banda, a Delegación de Relacións Interconfesionais da nosa Diocese ten previstos para o presente curso pastoral outros actos de achega, diálogo e oración en común, aos que convidan a participar a toda a feligresía:

  • 28 de maio (xoves anterior a Pentecoste) ás 20:00h: celebración de Vísperas Ecuménicas na sede da Igrexa Episcopal-Anglicana de Vigo (r/Travesía de Vigo, 77)
  • 27 de outubro ás 20:30.: celebración do “Espíritu de Asís“. Oración Ecuménica pola Paz no mundo, na igrexa da Parroquia dos irmáns Franciscanos-Capuchinos de Vigo (c/Vázquez Varela, 15)
  • Encontros bimensuais de oración, diálogo e formación entre os pastores: episcopal-anglicano, evanxélico, ortodoxo e católico.
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp