5 de Xullo de 2024

,

San Antonio María Zaccaria
5 de Xullo de 2024

,

San Antonio María Zaccaria

Máis dun centenar de persoas da diocese de Tui-Vigo peregrinan ao santuario francés de Lourdes

Máis dun centenar de persoas da diocese de Tui-Vigo peregrinan ao santuario francés de Lourdes
FOTO.- Foto de grupo tras la eucaristía en el convento de las madres Clarisas | © Diocese de Tui-Vigo.

Do 14 ao 18 de xuño, máis dun centenar de persoas de diferentes comunidades parroquiais da diocese de Tui-Vigo peregrinaron ao santuario francés para venerar á patroa dos enfermos, nunha viaxe organizada pola Hospitalidade da nosa Señora de Lourdes de Tui-Vigo.

A peregrinación deu comezo, o sábado, coa misa concelebrada na Gruta do santuario francés, ante a imaxe da virxe. A continuación, houbo tempo para visitar diferentes lugares da localidade francesa na que viviu santa Bernadette Soubirous. Pola tarde, os peregrinos participaron na procesión do Santísimo e a bendición dos enfermos, desde a Gruta ata a basílica de Santo Pío X. O día finalizou coa procesión de fachos pola chaira do santuario.

Ao día seguinte, domingo, os fieis da diocese de Tui-Vigo asistiron á misa internacional na basílica de Santo Pío X e continuaron co rezo do viacrucis na montaña —as persoas con dificultades de mobilidade, rezárono na pradería—. Pola tarde, tiveron a oportunidade de rezar o rosario en español na Gruta, ante a imaxe da virxe.

O luns, último día da peregrinación, tras a celebración da eucaristía no convento das nais Clarisas, os peregrinos gozaron de tempo libre pare percorrer o santuario e a localidade de Lourdes. A peregrinación finalizou cun momento de oración enfronte da Gruta, na outra parte do río, xunto á imaxe de santa Bernardette.

Peregrinación diocesana al santuario francés de Lourdes 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
« de 10 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp