3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O mozo vigués, Santiago Lillo, foi ordenado sacerdote na catedral de Lugo

O mozo vigués, Santiago Lillo, foi ordenado sacerdote na catedral de Lugo
FOTO.- Santiago Lillo, tras la celebración, ya como sacerdote | © Diocese de Lugo

Acompañado por familiares, amigos e algúns sacerdotes da diocese de Tui-Vigo, o sábado 22 de xuño, na catedral de Lugo, o mozo Santiago Lillo, natural de Vigo e membro do Camiño Neocatecumenal, recibiu o sacramento da Orde Sacerdotal de mans do bispo lucense, Mons. Alfonso Carrasco, quen, durante a súa intervención, destacou que o sacerdote está chamado a «facer presente ao Señor, no medio da súa Igrexa, para que a Igrexa exista, para que os cristiáns resistamos».

Santiago Lillo naceu en Vigo en 1998. Entrou ao seminario diocesano e misioneiro Redemptoris Mater de Ourense no curso 2015-2016 e, posteriormente, pasou ao seminario Redemptoris Mater de Lugo cando este se fundou, en 2016.

Realizou os estudos eclesiásticos no Instituto Teolóxico Lucense. Terminados estes, viviu a súa etapa de misión na diocese de Córdoba (España) e no vicariato apostólico de Pando (Bolivia).

Recibiu a ordenación diaconal de mans do bispo de Lugo, o 11 de decembro de 2023. Exerceu parte do seu ministerio diaconal no santuario do Corpiño.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp