3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Os mosteiros da diocese de Tui-Vigo abertos ao pobo de Dios

Os mosteiros da diocese de Tui-Vigo abertos ao pobo de Dios

A delegación para a Vida Consagrada da diocese de Tui-Vigo elaborou un documento cos horarios das diferentes celebracións que se levan a cabo nos mosteiros de vida contemplativa presentes no territorio diocesano, para descubrir que, no cotián, estas comunidades «son faros de espiritualidade católica, escolas de oración e de orantes, intercesores».

Os mosteiros de vida contemplativa ofrecen a posibilidade de participar na eucaristía diaria e dominical. A maiores, algunhas congregacións tamén abren as súas portas para convidar o pobo de Dios a participar noutras celebracións como o rezo da  Liturxia da Horas —só laudes e vésperas— ou a adoración eucarística. Tamén é posible rezar na capela dos mosteiros ou visitar á comunidade a través do locutorio.

Esta iniciativa enmárcase dentro do Ano da Oración que o papa Francisco convocou como preparación para o Xubileu, que terá lugar en Roma durante o ano 2025. Neste contexto, os mosteiros de vida contemplativo son espazos para orar a soas ou en comunidade, que poden axudar a redescubrir a dimensión orante da vida cristiá.

Descarga en PDF, os horarios das diferentes celebracións que se levan a cabo nos mosteiros da diocese de Tui-Vigo

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp