3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A parroquia-santuario de Fátima en Vigo honra á súa patroa

A parroquia-santuario de Fátima en Vigo honra á súa patroa
FOTO.- Procesión con la imagen de Nuestra Señora de Fátima, por las calles de la ciudad de Vigo, 2024 | © Diocese de Tui-Vigo

Con motivo da festa da nosa Señora de Fátima, o 13 de maio, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu a eucaristía solemne no santuario vigués situado en Vía Norte, ao que se achegaron centenares de devotos e devotas a render homenaxe á virxe na súa advocación de Fátima. Tras a celebración da misa solemne, a imaxe da virxe saíu en procesión, pero debido ás condicións meteorolóxicas tivo que acurtarse o percorrido polas rúas da cidade olívica.

O bispo de Tui-Vigo, durante a súa intervención, expresou que «a paz é o maior don que podemos ter e a virxe dános esa paz. Por iso, a devoción a María é tan apreciada por nós». Neste sentido, exhortou a todos os congregados a coidar e fomentar a devoción á virxe María e destacou que «non haberá vida cristiá de verdade sen a devoción a María, porque ela é fundamental na fe, é a nai de Dios e a muller que o Señor escolleu para ser a nosa nai durante toda a eternidade».

Desde o pasado 4 de maio, a parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima organizou diversos actos como preparación para a festa da súa patroa: o rezo da novena, unha misa polos enfermos, a consagración dos nenos e nenas á virxe e unha vixilia de adoración.

Celebración en honor a la virgen de Fátima, en Vigo 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
« de 14 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp