3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Oito concertos conforman a programación do XVI Ciclo de Música Barcia de mera

Oito concertos conforman a programación do XVI Ciclo de Música Barcia de mera
FOTO.- Presentación de la XVI edición del Ciclo de Barcia de Mera, en el Balneario | © Xunta de Galicia

Entre o 27 de abril e o 14 de setembro, desenvolverase a XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera que contará con oito concertos que se celebran na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, no concello de Covelo , conxunto recoñecido, o ano pasado, como Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia.

O primeiro concerto correrá a cargo de Vox Stellae. O 25 de maio será a quenda do grupo Ars Longa, mentres que o 15 de xuño de Ensemble Orphelion. En xullo, a primeira das citas será o día 6 da man de Judith Jauregui e o día 20 actuarán Beatriz Díaz, Jose Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil. Xa en agosto, con dúas citas, encherán de música a Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera o Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20 horas.

O 4 de abril, no  Balneario de Mondariz , presentouse, en rolda de prensa, esta programación da XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera. Ao acto asistiron, entre outros, o párroco de Barcia de Mera, Rafael Antela, e o director xeneral de Cultura, Anxo M. Lorenzo  , que destacou « a importancia desta iniciativa na que se realiza unha mestura perfecta de patrimonio e música, achegando a cultura aos entornos rurais».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp