3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O arcebispo de Santiago convídanos a retomar a esperanza da Semana Santa

O arcebispo de Santiago convídanos a retomar a esperanza da Semana Santa
FOTO.- El arzobispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, durante la lectura del pregón

O xoves 14 de marzo, na concatedral-basílica de Santa María, a diocese de Tui-Vigo inaugurou os actos da Semana Santa viguesa coa lectura do pregón a cargo do arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, que expresou que «a Semana Santa, entre cruz e paixón, lémbranos, unha vez máis, que a última palabra non é “morte”, senón “resurrección”».  Neste sentido, o arcebispo declarou que «agora, máis que nunca, necesitamos retomar esta esperanza, a que a Semana Santa pon na vida e nas rúas, nas celebracións e nos corazóns dos que durante estes días contemplaremos, adoraremos e proclamaremos de novo que aquel Nazareno, ao que vimos azoutado e crucificado, resucitou, e non está entre os mortos o que vive».

Durante o pregón, Mon. Francisco José Prieto feito un percorrido polos principais momentos da semana máis importante do calendario cristián, na que a Igrexa convida os fieis a rememorar o rostro dun Xesús que é acompañado por «os descartados, os humildes, os nenos e os sinxelos que anhelan tocar, sentir, cheirar, falar ao seu Deus cara a cara». A cruz de Cristo «lémbranos que non todo o podemos, que perdemos a paciencia de esperar, e esquecemos que o amor é paciente e todo o alcanza. A paciencia ten nome de tempo e alma de esperanza».

«Un longo camiño ábresenos, un reto bríndasenos —explicou o arcebispo de Santiago—. É unha chamada para camiñar sen medos con aqueles que compartan o empeño de construír un mundo verdadeiramente máis humano e máis xusto». Mons. Francisco José Prieto finalizou a lectura cunha clara invitación para todos e todas as viguesas: «a Semana Santa é camiño de Cruz que se transforma en Vida: celebrádeo, percorrédeo, proclamádeo nas prazas e as rúas desta cidade de Vigo, onde ten que resoar, unha vez máis, a esperanza que vén do Resucitado». Comeza así, para a cidade olívica, un «tempo de vivir e non de falar. Máis que palabras fan falta vidas —as das testemuñas, as dos rostros vivos— para percorrer primeiro, e acompañar despois a outros, polo único Camiño, que é Xesús, o Señor, sempre Verdade e Vida».

Carlos Borrás, delegado Episcopal para a Semana Santa de Vigo, expresou, ao comezo do acto, o desexo de vivir as próximas celebracións «coa solemnidade e profundidade que supón para todos os católicos conmemorar e rememorar a Paixón de Xesús, pero tamén en convivencia con toda a sociedade civil, da que non podemos nin queremos apartarnos, porque vivimos dentro dela e necesitámonos mutuamente máis que nunca». No contexto actual de sufrimento e incerteza, Borrás manifestou que «se fai máis necesario que nunca demostrar que os católicos estamos aí, para o que se nos necesite».

A diocese de Tui-Vigo quere dinamizar espiritualmente as manifestacións relixiosas nas parroquias do concello vigués e impulsar as expresións de fe na semana principal do calendario cristián. A través da delegación episcopal para a Semana Santa de Vigo e mediante a oficialidade destes pregóns, quere poñer en valor o sentido relixioso da Semana Santa na cidade olívica, promovendo a elección persoas que contribúan coa súa autoridade a ese obxectivo, como o caso do arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto que, na última Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española, foi nomeado presidente da Subcomisión para o Patrimonio Cultural.

Pregón de la Semana Santa de Vigo 2024 | © Diocese de Tui-Vigo
Mons. Francisco José Prieto, arzobispo de Santiago de Compostela
« de 6 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp