3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Pregón da Semana Santa viguesa a cargo do arcebispo de Santiago

Pregón da Semana Santa viguesa a cargo do arcebispo de Santiago
FOTO: Mons. Francisco José Prieto, arzobispo de Santiago de Compostela | © Arzobispado de Santiago

O xoves 14 de marzo, ás 19.30 horas, na concatedral-basílica de Santa María en Vigo, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto, pronunciará o pregón da Semana Santa viguesa. Ademais da organización do pregón, a delegación para a Semana Santa de Vigo traballa na programación dos distintos actos que conforman esta imprescindible cita do calendario católico.

A elección do pregoeiro non foi fortuíta. O interese do bispo e os seus colaboradores por poñer en valor o sentido relixioso da Semana Santa da nosa cidade propicia a elección de persoas que contribúan coa súa autoridade a ese obxectivo, par a dinamizar espiritualmente as manifestacións relixiosas nas parroquias do Concello vigués e impulsar as expresións de fe na semana principal do calendario cristián. Para iso, están a manterse diversas reunións de coordinación cos párrocos da cidade, así como con diversas confrarías e asociacións de fieis, a fin de canalizar adecuadamente eses propósitos.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp