3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A Adoración Nocturna de Tui-Vigo intercede polas vocacións sacerdotais

A Adoración Nocturna de Tui-Vigo intercede polas vocacións sacerdotais
FOTO.- El obispo preside una vigilia de Oración en la capilla del Seminario Mayor (2023)

Ante a proximidade do Día do Seminario, que a Igrexa en España celebra este ano baixo o lema «Pai, envíanos pastores», o sábado 16 de marzo, ás 21.30 horas, a Adoración Nocturna Española (ANE) de Tui-Vigo organiza unha vixilia na capela do Seminario Maior «San Xosé» de Vigo, para interceder polas vocacións sacerdotais de todo o mundo e, en particular, da diocese tudense. A celebración estará presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro.

Con máis de 125 anos de presenza no territorio diocesano, a Adoración Nocturna Española de Tui-Vigo conta, na actualidade, con aproximadamente 400 adoradores que se reúnen periodicamente para adorar o sacramento da Eucaristía, o que supón un total de 36 quendas de adoración repartidas por diferentes parroquias da diocese.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp