3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A parroquia de Santa Lucía en Vigo acolleu a celebración da Campaña do Enfermo

A parroquia de Santa Lucía en Vigo acolleu a celebración da Campaña do Enfermo

O sábado, 10 de febreiro, a parroquia de Santa Lucía en Vigo acolleu a inauguración da Campaña do Enfermo 2024, que organizaron conxuntamente a delegación de Pastoral da Saúde e a Hospitalidade da nosa Señora de Lurdes. Cada ano, o 11 de febreiro, coincidindo coa Xornada Mundial do Enfermo e a festividade da virxe de Lurdes, a Igrexa en España inaugura a Campaña do Enfermo que, nesta ocasión, será clausurada o 5 maio, día en que se celebra a Pascua do Enfermo.

Durante a mañá, nos locais da parroquia situada na Salgueira, voluntarios de Pastoral da Saúde da diocese participaron nunha xornada de formación na que se presentou o labor que desenvolve o Centro de Escoita de Vigo. Pola tarde, celebrouse o rezo do rosario con velas na honra á virxe de Lurdes e, a continuación, a eucaristía no templo parroquial de Santa Lucía.

Campaña do Enfermo deste ano, a través do lema «Dar esperanza na tristeza», céntrase no coidado e o acompañamento das persoas que padecen diversas formas de sufrimento psicolóxico, que se manifesta na tristeza, a pena, o desánimo ou a ansiedade. Na mensaxe publicada con motivo da Xornada Mundial do Enfermo, o papa Francisco convida a coidar «a quen sofre e están sós, e mesmo marxinados e descartados. Co amor recíproco que Cristo Señor dános na oración, sobre todo na Eucaristía, sandemos as feridas da soidade e do illamento. Cooperemos así a contrarrestar a cultura do individualismo, da indiferenza, do descarte, e fagamos crecer a cultura da tenrura e da compaixón».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp