3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Vida Ascendente celebrou a festa dos seus patróns

Vida Ascendente celebrou a festa dos seus patróns

O 2 de febreiro, coincidindo coa festa da presentación do Señor no templo, o movemento Vida Ascendente conmemora aos seus patróns: Simeón e Ana, dúas persoas xudías de avanzada idade que poden contemplar ao Mesías. Ao coincidir esta festa coa Xornada Mundial da Vida Consagrada, Vida Ascendente celebrou unha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, o 8 de febreiro, no templo parroquial da nosa Señora do Rocío en Vigo.

A pesar do temporal, houbo unha gran participación de persoas maiores vinculadas a este movemento, tal e como explica Marisa Vidal, coordinadora da xunta xestora de Vida Ascendente: «celebramos con gran alegría a eucaristía, acompañados do bispo, sempre tan próximo, e varios consiliaros». Durante a súa intervención, Mons. Luís Quinteiro, animou a todos os membros de Vida Ascendente a continuar con ilusión e confianza o camiño deste movemento, que acompaña ás persoas maiores no seu camiño de fe e les permite ser membros activos de la Iglesia e da sociedade.

Ao termo da eucaristía, os asistentes á celebración tiveron a oportunidade de compartir un intre de confraternización pasando “da misa á mesa”, o broche de ouro para facer da xornada «un día entrañable», tal e como o definiu Marisa Vidal.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp