3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

GALERÍA 📸 | Celebración diocesana da Xornada Mundial da Vida Consagrada

GALERÍA 📸 | Celebración diocesana da Xornada Mundial da Vida Consagrada
Foto: Mons. Luis Quinteiro presidió la celebración diocesana de la Jornada Mundial de la Vida Consagrada

O 2 de febreiro, coincidindo coa festa da presentación do Señor, a diocese de Tui-Vigo celebrou a Xornada Mundial da Vida Consagrada cunha eucaristía presidida polo bispo Mons. Luís Quinteiro, no templo parroquial de Santo Antonio da Florida en Vigo. Nela, participaron numerosos representantes das diferentes congregacións relixiosas presentes no territorio da Igrexa de Tui-Vigo.

Na mensaxe publicada con motivo desta xornada, o bispo de Tui-Vigo agradeceu a consagrados e consagradas, «a entrega e o compromiso con esta diocese que é a vosa casa.  Especialmente recordo e pido ao Señor polos relixiosos e relixiosas maiores que nos abriron camiños de esperanza e loitaron sen desfalecer o bo combate da fe».

A diocese de Tui-Vigo conta na actualidade con 260 relixiosos e relixiosas que traballan na acción pastoral da Igrexa diocesana. Ademais, conta tamén con 36 monxas de clausura en 6 mosteiros de vida contemplativa.

Jornada Mundial de la Vida Consagrada | © Diocese Tui-Vigo
El obispo de Tui-Vigo presidió la eucaristía en el templo parroquial de San Antonio de la Florida, con motivo de la Jornada Mundial de la Vida Consagrada
« de 11 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp