3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Materiais para a Xornada da Sagrada Familia

Materiais para a Xornada da Sagrada Familia

A Igrexa celebra este ano o domingo 31 de decembro a Xornada da Sagrada Familia co lema «Familia, portadora da Boa Noticia».  A Subcomisión Episcopal para a Familia e a Defensa da Vida é a encargada de elaborar os materiais para este día, que inclúen un folleto para orar en familia este Nadal.

Que din os bispos?

Os bispos convidan nesta Xornada para contemplar a san Xosé e á Virxe María como modelo de acollida de Xesucristo, o Verbo de Dios encarnado.

En primeiro lugar lembran na mensaxe que «as familias cristiás atopan na Sagrada Familia o exemplo que seguir, así como un sólido punto de referencia e unha firme inspiración». Isto implica como tarefa prioritaria que Xesucristo sexa o centro de cada familia.

Por iso, os bispos indican que é importante que esta realidade «sexa experimentada na cotiandade xa que, por unha banda, a familia real e concreta é o lugar onde se atopa a presenza do Señor, que acompaña todos os momentos de sufrimentos, gozos e esforzos diarios, e, por outra, vivir unha comuñón familiar de maneira plena é un auténtico itinerario cara á santificación na vida cotiá».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp