3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A parroquia de Santa Lucía da Salgueira celebra a festa na honra á súa patroa

A parroquia de Santa Lucía da Salgueira celebra a festa na honra á súa patroa
Foto: Imagen de santa Lucía en la parroquia de A Salgueira

O mércores, 13 de decembro, a parroquia de Santa Lucía da Salgueira en Vigo celebra a festa na honra á súa patroa, Lucía de Siracusa, mártir do século IV, con misas ao longo de todo o día: pola mañá, ás 9, 10, 11 e 12 horas; e pola tarde ás 17, 18 e 20 horas.

Ás 12 horas, a parroquia celebrará unha eucaristía solemne seguida de procesión  coa imaxe da santa e, ás 20 horas, a misa ofrecerase polas Damas de Santa Lucía falecidas no último día. A asociación folclórica de bailes e gaitas da Salgueira, «Queixumes», será a encargada de clausurala xornada cunha actuación.

O 4 de decembro, dará comezo a novena na honra a santa Lucía, previamente á eucaristía das 18 horas —rezarase o rosario ás 17.30 horas—, fóra do mércores 6, o venres 8 e o domingo 10 de decembro que a celebración será ás 12 horas —precedida do rosario ás 11.30 horas—. O sábado 9 de decembro, ás 18 horas, durante a eucaristía cantada polo Coro Rociero de Vigo, realizarase a imposición de medallas ás Damas de Santa Lucía; ao terminar, haberá un concerto do Coro Rociero.

Tal e como lembra a parroquia de Santa Lucía da Salgueira, a devoción á súa patroa permanece activa durante todo o ano, xa que o 13 de cada mes celébrase unha misa na honra a esta mártir do século IV: ás 18 horas, de luns a sábado, e ás 12 horas, en caso de ser domingo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp