3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Celebración de Nadal con movementos e asociacións

Celebración de Nadal con movementos e asociacións

Acción Católica Xeneral de Tui-Vigo organiza un encontro de confraternización con movementos e asociacións da diocese de Tui-Vigo, para festexar o Advento e a proximidade do Nadal. O venres, 15 de decembro, a as 18 horas, o templo parroquial de San Xosé Obreiro e Santa Rita acollerá a eucaristía que presidirá o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro.

Unha vez finalizada a parte litúrxica, haberá un intre de convivencia e confraternización para felicitarse o Nadal nos locais do edificio situado na rúa Vázquez Varela, contiguo ao templo parroquial. Con este encontro celebrativo, están convidados todos os movementos e asociacións laicais, así como as delegacións diocesanas que teñan, ou non, as súas oficinas no edificio de Vázquez Varela, onde terá lugar o ágape.  

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp