3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O cabido da catedral celebra unha misa polos sacerdotes defuntos

O cabido da catedral celebra unha misa polos sacerdotes defuntos
Foto: © Vytautas Markūnas, SDB, para el portal web Cathopic

Como cada ano, tras a solemnidade litúrxica de Todos os Santos, a Igrexa intercede, ao día seguinte, por todos os fieis defuntos. Con motivo desta xornada de todos os santos, o venres, 3 de novembro, ás 11 horas, o cabido da catedral de Tui celebrará unha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, lembrando, especialmente, aos sacerdotes falecidos durante o último ano.

Desde o un de xaneiro e ata o momento actual, faleceron once presbíteros e relixiosos que desenvolvían a súa vocación no territorio da diocese de Tui-Vigo: Avelino Rodríguez Fernández, José Rodríguez Ubeira, Manuel Janeiro López, José Domínguez González, Luís Hierro Najarro, Manuel Sordo do Villa, OP, Arturo Martínez Martínez, Andrés Fuertes Palomera, Jaime Humberto Freijanes, Francisco González Gago e Jesús Barros Pérez.

Tal e como explica a Comisión Episcopal para a Liturxia da Conferencia Episcopal Española, desde o século XVI, a Igrexa de rito latino instituíu o 2 de novembro, como o día no que se reza polos fieis defuntos, unha tradición tan antiga como a propia institución. Ao redor deste día, os fieis acoden ao cemiterio para orar por quen lles precedeu, adornar con flores o lugar onde están sepultos, etc.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp