3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

125 anos de presenza da Adoración Nocturna en Tui-Vigo

125 anos de presenza da Adoración Nocturna en Tui-Vigo
Foto: Banderas de diversos grupos de la ANE, durante la celebración del centenario de la sección de O Porriño.

A Adoración Nocturna Española celebra o 125.º aniversario da súa presenza na diocese de Tui-Vigo, cunha vixilia presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, o sábado 17 de xuño, ás 22 horas, no templo parroquial de San Xosé Obreiro e Santa Rita, durante a que se bendirá a cidade de Vigo desde a praza de Miguel Ángel Blanco. Previamente á vixilia, ás 21.15 horas, no colexio Fogar, realizarase a inscrición e presentación de bandeiras das diferentes quendas da Adoración Nocturna Española, de dentro e fóra da diocese.

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo conta con aproximadamente 400 adoradores que se reúnen periodicamente para adorar o sacramento da Eucaristía, o que supón un total de 36 quendas de adoración repartidos por todo o territorio da diocese. Durante o ano 2022, algúns destes grupos estiveron de celebración, como é o caso da ANE do Porriño que cumpriu 100 anos desde a súa fundación ou a ANE de Ribadetea , que festexou as súas vodas de prata

A Adoración Nocturna Española é unha asociación de fieis recoñecida pola Igrexa Católica, que ten como principal finalidade a adoración, durante a noite, do Santísimo Sacramento. Creada en 1877 por Luís de Trelles e Noguerol, está presente en practicamente todas as dioceses españolas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp