3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

A delegación ofrece opcións para que o diñeiro non sexa un problema

A delegación ofrece opcións para que o diñeiro non sexa un problema

Participar na JMJ de Lisboa coa delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria de Tui-Vigo supón un custo individual de 495 euros que, tal e como explica Samuel Montes, «é unha cantidade para ter en conta», non só para os mozos que, «en moitas ocasións, non manexan cantidades deste tipo, senón tamén para as familias que están a vivir dificultades». Por este motivo, a delegación puxo en marcha un sistema de financiamento co que ofrece a posibilidade de adquirir «rascas con premio» a custo de produción e cun prezo de venda ao público de 1 euro. Os premios inclúen, entre outros, tarxetas regalo de El corte inglés.

Ademais de poñer ao dispor este sistema de financiamento, a delegación anima aos mozos para achegarse ás súas parroquias, darse a coñecer aos seus párrocos e manifestar o desexo de ir á JMJ, pero tamén a súa necesidade concreta. Samuel Montes explica que «isto é bo porque así os mozos e mozas rompen a barreira de falar co sacerdote e coa xente maior. Será moi bo tamén para eles que dean a cara, que se manifesten, que sexan capaces de falar ás súas comunidades e, deste xeito, que se sentan tamén arroupados». Neste sentido, puntualiza que «sería moi triste que, pola cuestión económica, non puidesen participar desta experiencia que, desde logo, transforma. Todos coñecernos a xente  á que, participar na JMJ, axudoulle a espertar e a comprometerse verdadeiramente con Cristo e coa fe».

Regresa ao especial sobre aJMJ

Regresa á reportaxe especial sobre Xornada Mundial da Mocidade que terá lugar en Lisboa, do 1 ao 6 de agosto de 2023, para coñecer todo acerca do plan que a delegación de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo está a organizar.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp