3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Virginie Tchuindjqng, misioneira camerunesa, presentasé cámpanãa «Contra a fame» de Mans Unidas

Virginie Tchuindjqng, misioneira camerunesa, presentasé cámpanãa «Contra a fame» de Mans Unidas

A misioneira camerunesa Virginie Tchuindjqng, da congregación das Misioneiras Cruzadas da Igrexa, presentará a nova campaña «Contra a fame» de Mans Unidas, que leva por lema «Frear a desigualdade está nas túas mans». Para iso, a delegación diocesana de Tui-Vigo organiza dous actos de campaña: o primeiro, unha charla coa irmá Virginie, o luns 6 de febreiro, ás 20 horas, no salón de actos do Seminario Menor de Tui; e, o segundo, o martes 7, ás 20 horas, no templo parroquial do Sacro Corazón de Vigo, o bispo de Tui-Vigo presidirá a eucaristía que inaugurará a campaña, seguida dunha segunda charla coa misioneira camerunesa.

Mans Unidas, a organización da Igrexa católica en España para a loita contra a pobreza que sofren os pobos máis excluídos do planeta, inicia, a partir do ano 2023, un quinquenio no que renovará o seu compromiso de seguir loitando pola dignidade de todas as persoas e liberar á humanidade da pobreza, da fame e da desigualdade, no marco da Axenda 2030 e dos ODS.

Na actualidade, Mans Unidas aprobou 474 proxectos de desenvolvemento en 51 países de África, América e Asia, o que supón unha axuda directa a 1.524.954 de persoas, grazas á colaboración de preto de 76 mil socios. Conta con 72 delegacións repartidas por España, nas que colaboran máis de 6 mil voluntarios.

Sobre a irmá Virginie

A irmá Virginie pertence ás Misioneiras Cruzadas da Igrexa. Estudo Contabilidade, Filosofía e Teoloxía. Desde hai 3 anos, exerce como conselleira da súa congregación en España e, como coordinadora da congragación, colaborou en varios proxectos como a construción do colexio Anuarite de Duala, o centro de saúde Nai Nazaria de Oyack Duala e, actualmente, nun proxecto de apoio aos mozos cameruneses para emprender pequenos proxectos. Previamente, en Camerún, traballou nun colexio durante 12 anos e, durante un lustro, como formadora das mozas da súa congregación.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp