3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

«Un para todos, e todos para El», lema da Xornada da Infancia Misioneira

«Un para todos, e todos para El», lema da Xornada da Infancia Misioneira

O domingo, 12 de xaneiro, baixo o lema «Un para todos, e todos para El», a Igrexa celebra a Xornada da Infancia Misioneira, que organiza e promove Obras Misionais Pontificias para establecer unha rede internacional de nenos que se forman na misión e comparten as súas achegas para axudar aos misioneiros no seu traballo cos nenos. Grazas á súa xenerosidade, os misioneiros contan cunha axuda para que máis de catro millóns de nenos nas misións poidan acceder á educación, a saúde, a protección da vida, e a fe.

Cando se celebra?

Infancia Misioneira ofrece formación misioneira todo o ano, pero unha vez ao ano celebra unha Xornada. Aínda que Infancia Misioneira é unha iniciativa mundial, a celebración da súa xornada non é simultánea en todos os países. En España ten lugar o II Domingo do Tempo Ordinario, que en 2023 é o 15 de xaneiro.

Quen participa?

Infancia Misioneira está dirixida principalmente aos nenos, axentes e destinatarios da misión da Igrexa. Con todo, esta Xornada tamén está dirixida a adultos, que coa súa oración e donativos, poden unirse ao traballo que os misioneiros realizan cos nenos do mundo.

Quen o organiza?

Obras Misionais Pontificias (OMP) é o instrumento da Igrexa que se encarga do sostemento dos Territorios de Misión. Unha das catro obras que forman esta institución, chamada “Obra de Infancia Misioneira”, é a que organiza esta xornada. O seu fundador, monseñor Forbin Janson comezou esta iniciativa pioneira da infancia en 1843: 80 anos antes de a Declaración dos Dereitos dos nenos de Xenebra.

A que se destina o diñeiro?

Coas achegas recollidas por Infancia Misioneira, sostense o traballo que se realiza cos nenos nos 1.118 territorios de misión que ten a Igrexa. Con este diñeiro apóianse máis de 2.500 proxectos de educación, saúde, protección da vida e evanxelización. Ao ano axúdase a máis de 4 millóns de nenos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp