3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Nove matrimonios celebran as súas vodas de ouro e outros tres, as de prata

Nove matrimonios celebran as súas vodas de ouro e outros tres, as de prata

O venres 30 de decembro, ás 20 horas, no templo parroquial do Sagrado Corazón de Xesús, 12 matrimonios, que ao longo deste ano cumpriron 50 ou 25 anos de casados —9 e 3, respectivamente—, renovarán as súas promesas matrimoniais, nunha  eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que a delegación de Pastoral Familiar organiza para celebrar a Xornada da SagradaFamilia, baixo o lema «A familia, berce de vocación ao amor», que a Igrexa conmemora cada 30 de decembro. Ao finalizar a eucaristía, o músico católico Rogelio Cabado ofrecerá un pequeno concerto con motivo desta xornada.

Con esta celebración, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo pon fin a un ano marcado pola iniciativa «Ano Familia Amoris Laeitita», que o papa Francisco convocou desde marzo do 2021 ata xuño de 2022, para conmemorar o 5.º aniversario da publicación da exhortación apostólica Amoris Laetitia, un texto que o Santo Padre dedica á beleza e á alegría do amor familiar. Froito desta iniciativa son algúns dos proxectos que marcarán este curso pastoral como a Escola de Familias promovida polas parroquias do territorio diocesano ou a exposición itinerante Amoris Laeitita, que, grazas ao traballo das cinco delegacións da provincia eclesiástica de Galicia, debulla o contido da exhortación do papa Francisco mediante o testemuño de nove matrimonios galegos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp