3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

GALERÍA 📸 | Encontro de Nadal para familias migrantes

GALERÍA 📸 | Encontro de Nadal para familias migrantes
Foto: Belén creado por las familias que asistieron al encuentro de Navidad | © Lucciano Boccolini

Unha vintena de familias migrantes asistiron ao encontro de Nadal «Abre a túa pousada ao que vén», organizado polas delegacións de Pastoral Familiar, Migracións e Cáritas da diocese de Tui-Vigo , que tivo lugar no colexio vigués das relixiosas de María Inmaculada, o sábado 10 de decembro. Á xornada tamén asistiu o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, que presidiu a eucaristía na capela do centro educativo. 

A tarde comezou cun pequeno taller preparado por Cáritas Diocesana de Tui-Vigo no que todos os membros —grandes e pequenos— das familias, divididas en equipo, tiveron a tarefa de crear os diferentes elementos que conforman o belén que adorna as casas durante estas datas festivas. Os pastorciños, o castelo do rei Herodes, o presebe ou un gran mapamundi foron algunhas dos elementos que acompañaron aos protagonistas da escena máis importante do Nadal: José, María e Xesús.

O froito deste traballo ofreceuse durante a eucaristía que o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidiu na capela do colexio, onde exhortou aos presentes para «anunciar a Xesús que chega. Como santo Juan Bautista, como Isaías, nós tamén estamos chamados a anunciar no noso mundo que o Señor vén, que o señor nace, que el está no medio de nós». Con estas palabras, deu paso á presentación do traballo desenvolvido que, tal e como expresou Mons. Quinteiro, expresou «como hai que falar, hoxe, de que Xesús vén ao Nadal».

Cun mapamundi no que destacaban as bandeiras das nacionalidades de cada un dos asistentes —México, Venezuela, Paraguai ou Arxentina, entre outras—, as familias comezaron a compoñer o gran Belén que crearan coas súas mans. Javier Alonso, delegado episcopal de Acción Caritativa e Social da diocese de Tui-Vigo, explicou, paso a paso, cada un dos elementos deste Belén e manifestou que «neste fogar, nesta casa común, no que habitamos todos, ninguén se sente desterrado, senón que Xesús vén ser e a habitar na nosa terra. El vén habitar connosco para facernos partícipes dunha gran palabra que é a fraternidade».

Ademais do tempo de formación, de traballo en equipo e da celebración litúrxica, organizáronse  diversas actividades lúdicas, así como momentos para cantar panxoliñas típicas desta época, pero propios do país de orixe de cada unha destas familias que, na súa maioría, atópanse nunha situación de distancia respecto ao resto dos seus seres queridos.

A través desta iniciativa que responde os obxectivos pastorais das delegacións organizadoras establecidos no Plan Pastoral 2022-2023, as delegacións diocesanas de Pastoral Familiar, Migracións e Cáritas quixeron crear un espazo de acollida no que as persoas que se atopan nunha situación de distancia das súas familias e contornas culturais poidan expresar e vivir o Nadal en comunidade, manifestando así a riqueza e diversidade das persoas que viven no noso territorio. Neste sentido, o encontro enmárcase no contexto creado pola publicación do documento Orientacións sobre a pastoral migratoria intercultural, que o Dicasterio para o servido do Desenvolvemento Humano Integral da Santa Sede aprobou en marzo de 2022; este documento incentiva a «acoller a auténtica multiplicidade das expresións culturais e relixiosas presentes nas comunidades católicas locais, como unha oportunidade para aprender das diferentes tradicións e promover a apreciación intercultural a través dunha comunicación creativa».

Encuentro de Navidad con familias migrantes | © Lucciano Boccolini
Las delegaciones diocesanas de Pastoral Familiar, Migraciones y Cáritas organizaron un encuentro con familias migrantes en el colegio de las Hijas de María Inmaculada
« de 45 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp