3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Encontro Ibérico dos bispos responsables de comunicación en España e Portugal

Encontro Ibérico dos bispos responsables de comunicación en España e Portugal
Foto: Encuentro de los obispos responsables de Comunicación de la península ibérica, en 2021 | © Conferencia Episcopal Española

O mércores farán público un comunicado a través dos medios locais.

Desde o pasado luns e ata o mércores día 26 de outubro, os bispos responsables das respectivas Comisións de Medios de Comunicación das conferencias episcopais de España e Portugal, estiveron reunidos en Santiago de Compostela, para intercambiar, como fan regularmente asuntos referidos a as súas competencias. Nesta ocasión, tiveron, ademais, dous interesantes coloquios de reflexión: un con José Luis Barreiro Rivas, coñecido escritor e politólogo, sobre o tema “canles para propor unha mirada esperanzada no momento presente” e outro con Joao Duque, prol-reitor da Universidade Católica de Portugal, acerca de “comunicar unha esperanza maior”. Pola tarde do martes día 25, terán tamén un faladoiro cos delegados de medios de comunicación do cinco diocese de Galicia. Na súa visita a Vigo o mércores día 26, despois dunha concelebración na Concatedral-Basílica de Santa María, farán públicas ante os medios de comunicación locais, as conclusións deste “encontro ibérico” de bispos responsables de medios referido a “como comunicar unha esperanza maior”.

No encontro participan nesta ocasión oito bispos, tres de Portugal e cinco españois, entre os que se contan os dous presidentes das respectivas comisións episcopais de medios, Mons. Joao Lavrador, bispo de Viana do Castelo e Mons. José Manuel Lorca, bispo de Cartaxena.  Se o tempo non o impide, o encontro concluirá tras un pequeno percorrido en barco pola ría de Vigo.   

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp