3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Comunicado do bispado de Tui-Vigo sobre o futuro da parroquia de San Francisco Xavier

Comunicado do bispado de Tui-Vigo sobre o futuro da parroquia de San Francisco Xavier
Foto: Interior del templo parroquial San Francisco Javier de Vigo, cuya gestión pastoral corresponde a los jesuitas.

A principios do presente ano a diocese de Tui-Vigo tivo coñecemento da marcha dos pais xesuítas da cidade de Vigo, prevista para xuño de 2023. Desde ese mesmo momento iniciáronse contactos e conversacións coa Compañía de Xesús para que o templo dedicado a san Francisco Xavier seguise aberto como templo parroquial.

A data 11 de outubro de 2022, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo, recibiu unha carta do provincial dos padres xesuítas en España, Rvdmo. D. Antonio J. España Sánchez na que lle comunica «a posibilidade de que a parroquia continúe coas súas actividades baixo a atención directa dalgún sacerdote diocesano».

Congratulámonos desta decisión á que se chegou grazas á xenerosidade da Compañía, á boa disposición da Diocese e tamén ao testemuño de tantos fregueses que manifestaron o seu pesar polo posible peche da igrexa.

Comprendemos a tristeza dos xesuítas ao ter que abandonar unha casa e unha obra para eles tan querida, e agradecemos a súa boa disposición para buscar unha solución satisfactoria para todos e que tivese en conta o ben dos fieis, aos que veñen servindo desde fai máis de cincuenta anos.

Chegado o momento, xuño de 2023, a diocese asumirá con gratitude e responsabilidade o cargo pastoral da parroquia de san Francisco Xavier de Vigo. Mentres tanto non deixamos de orar ao Señor para que suscite vocacións á vida sacerdotal e relixiosa, hoxe máis necesarias que nunca para atender tantas e tan importantes tarefas espirituais.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp