3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

Novena na honra da Virxe de Fátima en Vigo

Novena na honra da Virxe de Fátima en Vigo

O martes 4 de outubro, comeza a novena en honra á Virxe de Fátima na  parroquia-santuario da nosa Señora de Fátima en Vigo coa que a comunidade se prepara para celebrar a sexta e última das aparicións da Virxe en Fátima. Nesta aparición, ten lugar o milagre coñecido como «o baile do sol» e María preséntase como a Virxe das Dores, tal e como o expresa sor Lucía. Esta celebración coincide, ademais, co 25º aniversario da dedicación do templo como santuario. 

Durante a novena, prevista do 4 ao 12 de outubro, os fregueses da parroquia e todos aqueles devotos de Fátima poderán asistir ao rezo da novena que levará a cabo previamente á celebración da eucaristía —media hora antes de cada misa, rezarase o rosario—: en horario de mañá, ás 9 e 12 horas; e, pola tarde, ás 19 horas. O domingo, haberá misas ás 10, 11, 12, 13 e 19 horas.

O xoves 13 de outubro, festividade da nosa Señora de Fátima, as misas na honra da Virxe serán: pola mañá ás 9, 10, 11 e 12; e, pola tarde, ás 13, 19 e 21 horas.  Despois da misa das 19 horas, sairá a procesión coa imaxe da Virxe, realizando un percorrido máis pequeno que no 13 de maio.

Desde a comunidade parroquial, convidan encarecidamente a achegarse ao sacramento da Reconciliación, sobre o que a Virxe María fai fincapé ao longo das súas seis aparicións. Para iso, haberá con regularidade sacerdotes dispoñibles nos confesionarios do templo. Juan Luís Martínez, párroco do santuario da nosa Señora de Fátima en Vigo, lembra que «este trece de outubro é unha gran ocasión para que nós renovemos o amor á Virxe, sexamos fieis ao que a Virxe dinos e, así, poderemos ser tamén unhas claras testemuñas de Cristo».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp