3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

GALERÍA 📸 | Encontro Diocesano de Familias

GALERÍA 📸 | Encontro Diocesano de Familias
Foto de familia con todos los participantes en el encuentro | © Leandro Rivero.

O pasado sábado, 24 de setembro, a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organizou un Encontro Diocesano de Familias co que dar comezo a este curso pastoral, marcado por clausúraa do Ano «Familia Amoris Laetitia», que o papa Francisco convoco en decembro de 2020 con motivo do quinto aniversario da publicación da súa segunda exhortación apostólica, Amoris Laetitia, sobre a alegría do amor.

O Seminario Menor de Tui foi o lugar de encontro no que os participantes tiveron a oportunidade de reflexionar acerca da situación actual que viven as familias e que, posteriormente, materializaron nun total de sete peticións proclamadas durante a celebración eucarística. Ao termo da misa, houbo un momento de confraternización e actividade ao aire libre no Monte Aloia, onde transcorreu a comida.

Ademais deste espazo de convivencia para as diferentes realidades familiares da diocese, a delegación de Pastoral Familiar aproveitou para presentar a exposición «Amoris Laetitia», que trata de resumir o contido do texto homónimo publicado polo papa Francisco, conxugando tamén testemuños reais de familias procedentes das cinco dioceses que compoñen a provincia eclesiástica de Galicia. 

Encuentro Diocesano de Familias 2022 | © Diocese Tui-Vigo
El encuentro comenzó en el Seminario Menor de Tui, donde se celebró la eucaristía después de una pequeña dinámica para reflexionar sobre el significado del a familia hoy.
« de 37 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp