3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás
3 de Xullo de 2024

,

Santo Tomás

O Centro Teolóxico «San Xosé» abre o prazo de matrícula para a  DECA

O Centro Teolóxico «San Xosé» abre o prazo de matrícula para a  DECA

A Declaración Eclesiástica de Competencia Académica — DECA— é a titulación que capacita para ser profesor/a de Relixión Católica en centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, en Bacharelato ou en centros de Formación Profesional. Trátase dun título que expide a Conferencia Episcopal Española e que, na cidade olívica, pode obterse a través do Centro Teolóxico San Xosé de Vigo que xa abriu o prazo de matrícula.

A  DECA forma parte da programación da aula de Teoloxía para catequistas, profesores, axentes de pastoral e laicos en xeral que ofrece o Centro Teolóxico, mediante a cal se pretende capacitar e preparar futuros profesores de ensino relixioso escolar para garantir unha formación relixiosa e moral católica de calidade.

Os interesados en obter a  DECA poden inscribirse no novo Curso 2021-2022, desde o 13 de setembro e ata o 4 de outubro, a través do correo electrónico itsanxose@diocesetuivigo.org ou a través do teléfono 660 257 548.

As clases impartiranse, de maneira presencial, os luns e os martes en horario de 19:30 a 21:20 horas. O custo da matrícula para o curso completo —12 créditos— é de 360€, mentres que as materias soltas teñen un custo de 30€ por crédito matriculado.

As dezasete materias que se impartirán ao longo de todo o curso agrúpanse en cinco bloques: “Relixión, cultura e valores”, “Mensaxe cristiá”, “A Iglesia, os  sacramentos e a moral”, “Pedagoxía xeral e relixiosa” e “Didáctica específica do ensino relixioso escolar”.

Os requisitos académicos para a obtención da  DECA variarán en función do ámbito docente: para impartir clase en Educación Infantil e Educación Primaria, deberán dispoñer dalgunha titulación en Estudos Teolóxicos —grao/diplomatura en Estudos Eclesiásticos ou Ciencias Relixiosas— ou en Maxisterio —grao en Educación Infantil e Primaria, así como os títulos equivalentes en Grao—; para a docencia en ESO, Bacharelato ou FP de Grao Medio, será necesario o título en Teoloxía ou Ciencias Relixiosas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp